Casa do medio

Apartamentos turísticos no
corazón de Santiago de Compostela

Os nosos
apartamentos
Como na casa, pero ao
pé do casco histórico
Reserve
agora

 A Casa do Medio ocupa un pequeno e céntrico edificio catalogado –conxuntamente co situado ás súas costas– dentro do plan especial de protección da cidade histórica de Santiago de Compostela.

E isto é así porque se atopa en pleno barrio de San Pedro, un dos actuais puntos de referencia da capital galega, do que xa existe constancia documental dende o século XII e por cuxas rúas circularon historicamente boa parte dos comerciantes, visitantes e peregrinos chegados de toda Europa que accedían ao recinto amurallado de Compostela a través da denominada Porta do Camiño.

A rehabilitación da casa foi realizada en consonancia co citado plan de protección da cidade histórica, 

atendendo tanto á tipoloxía e disposición dos materiais como á distribución das distintas dependencias, respectando de igual xeito a situación orixinal tanto vertical como horizontal dos elementos tradicionais preexistentes na vivenda, tal é o caso da fermosa “lareira” de granito situada no apartamento da segunda planta.

Os traballos de restauración realizados deron lugar finalmente á que hoxe é a nosa Casa do Medio, un espazo tranquilo, sosegado e silencioso no corazón de Compostela que permite aos nosos clientes descubrir unha das máis fermosas cidades Patrimonio da Humanidade (destino último ademais do Camiño de Santiago), tal e como se estivesen… na súa casa.